sábado, 23 de junio de 2012

UNHA HOMENAXE Á LITERATURA GALEGA ATUAL DE FICIÓN CIENTISTA

  Eu desexaría escribir este artigo en galego, que ao fin e ao cabo, foi a miña lingua os cinco anos longos que morei en Pontevedra, e xa de paso, aproveitar para falar dun libro que me gustou moito, orientado para os novos, pero tamén para os que non somos tan novos.

  Titúlase "O Centro do Labirinto", e foi escrito por Agustín Fernández paz e editado no ano 1997,por Fora de Xogo, e lóxicamente, de ciencia fición, o como se di en portugués, de ficçao cientista.

 É un libro sinxelo de ler, e moi recomendable en galego, porque en castelán, perde o que ten de enxebre. Narra a historia de David, fillo dunha doutora que dirixe unha organización política que goberna Europa. David, será retido por un movemento que loita contra a uniformización da sociedade, da lingua, da cultura e do xeito de pensar. A partir deste momento, a súa vida mudará, e verase inmerso nun contorno social totalmente diferente. Descubrirá novas formas de pensar e de interpretar a realidade, lonxe do ríxido mundo no que vivía anteriormente. A idea do libro, é a incapacidade de abranguer o mundo, pois este é máis complexo, e todo intento de simplificalo, é inútil, como o intento de impór unha lingua única naquel mundo futuro.

 O libro convídanos a comprender os beneficios da diversidade cultural e a riqueza que supoñe a multitude de linguas que viven entre nós. Esta riqueza cultural que forma parte do noso estado e da cal devemos sentirnos moi orgullosos.

 Unha derradeira mensaxe do libro: a diversidade linguistica, condúcenos a liberdade.

 É unha novela de aventuras de ambientación futurista coa idea da esperanza por riba de todo.

  Moi aconsexable e volo recomendo encarecidamente, pero claro, antes tedes que aprender un pouco de galego, que é unha lingua romance, irmá do castelán, polo que non vos será moi complicado.

 Graciñas a tod@s e até pronto !! 

Unha aperta e disculpade os posibles erros que poida ter, de seguro que algun haverá!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario