sábado, 23 de junio de 2012

PRESENTACIÓN EN POIO (PONTEVEDRA).

   

  Ola, amig@s.

  A presentación foi no Casal de Ferreirós, no concello de Poio, o mércores, vinte de xuño ás 20:30h. Tivemos connosco ao  alcalde da localidade, don Lito Sobral, e a presentación, correu da man da concelleira de cultura, Silvia Díaz, e dous dos meus profesores de Antropoloxía, Domingos Antom e Manuel Artime.


  Agradezo de todo corazón, o apoio institucional ao facer posible levar ao cabo un acto nun lugar así, tan enxebre. Tamén, a presencia do noso alcalde e da nosa concelleira, e alén diso, ter aos meus profesores máis entrañables, foi para min todo um agasallo.


  E como non, a presenza de tantos amigos, da carreira de Antropoloxía, a meirande parte deles xa licenciados, e boa parte do conxunto de amigos que fixen os cinco longos anos que vivín en Pontevedra.


 Non me esquezo dos amigos do traballo, nin dos da Escola Oficial de português, nin de tantos outros.


  O acto saiu moi ben, non so polo feito de estar ao redor de tanta amizade, senón porque poder falar de literatura nestes tempos, non é doado de facer. Mesmo asín, falamos da literatura de fición que impregnan os meus libros, do seu argumento e da vida en xeral.


Despóis de asinar exemplares, que me levó  tempo dabondo, pasamos aos petiscos, o momento da tertúlia, un momento máis sosegado para falar mentras bebíamos e comíamos. Agradecín a participación de todos e lles convidei a divulgar os libros entre amigos ao longo dos vindeiros meses de verán, os momentos onde máis se le.



 



Lembrarvos a todos, que estiven falando coas librarias e algunhas se teñen a intención de poñer a venda os meus libros, concretamente Escolma, Paz, Pueblo ou Cronopios, entre outras moitas, e que será Cimadevilla  quen distribúe, a empresa asturiana. A editorial chámase Éride, para que o saibades, para que animedes a coñecidos e colegas a mercalos e, naturalmente, que tamén disfruten da súa lectura.



 
  Moitas grazas a todos polo ben sucecido que foi o acto e unha forte aperta!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario